Que? (galego)


Estrela Cervantes:
levar a cultura española ás estrelas

Nun lugar da constelación Ara, ao redor dunha estrela sen nome propio, só coñecida pola letra μ, catro planetas trazan as súas traxectorias. Ao redor dun autor de fama universal tamén xiran os seus catro personaxes principais. Propoñémonos elevar a Cervantes á condición dun Apolo galáctico, dando o seu nome á estrela central do sistema, mentres Don Quixote, Rocinante, Sancho e Dulcinea se transfiguran na súa escolta planetaria. Quixote (μ Arae b), o protagonista, nunha órbita algo excéntrica, como corresponde ao seu carácter, xunto ao seu fiel compañeiro Rocinante (μ Arae d), no centro da escena. O bo de Sancho (μ Arae e), o enxeñoso escudeiro, movéndose lentamente polas insuas exteriores do sistema. A Dulcinea encantada (μ Arae c), tan difícil de contemplar para Don Quixote na súa verdadeira forma, preto do corazón do escritor.

A importancia de Miguel de Cervantes na cultura universal non pode ignorarse. A súa obra principal, o Quixote, considerada a primeira novela moderna da literatura mundial e un dos libros máis influentes en todo o canon literario, foi cualificada en numerosas ocasións como a mellor obra de ficción xamais escrita. Con todo, mentres Shakespeare xa ten nomes dos seus personaxes como satélites de Urano, Cervantes foi até agora excluído das esferas cósmicas. Con esta proposta, apoiada polo prestixioso Instituto Cervantes, e xusto a tempo para celebrar o 400 aniversario da publicación da segunda parte da novela, reclamamos para o famoso cabaleiro da Mancha, os seus compañeiros e o seu creador o lugar que merecen entre as estrelas.

Impresion_Artistica_Web_2_Autor_David_Cabezas_Jimeno_SEA

E é posible conseguir que unha estrela
se chame Cervantes e os seus planetas
Dulcinea, Rocinante, Quixote e Sancho?

CLARO QUE SI

a Unión Astronómica Internacional abriu un proceso internacional para recibir propostas e votar o nome de vinte novos sistemas planetarios que se descubriron estes últimos anos. O proceso comezou hai case un ano e esta proposta foi presentada oficialmente polo Planetario de Pamplona (España) e apoiada pola Sociedad Española de Astronomía (SEA) e o Instituto Cervantes para nomear a estrela mu Arae e os seus catro exoplanetas co nome de Cervantes e os dos principais personaxes da súa novela “El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha”.

Que hai que facer?

Necesitamos a túa axuda. Para votar esta proposta, inscríbete e segue o procedemento nesta ligazón (en inglés):

http://nameexoworlds.iau.org/

Algo máis que facer?

Por suposto, podes difundir a nosa proposta da Estrela Cervantes con ligazóns a esta páxina web.

E se queres podes tamén colaborar en calquera dos diferentes elementos da nosa proposta: con imaxes, mensaxes ou entradas de blog que estaremos encantados de poder enlazar desde aquí. Podes contactar connosco:

Mil grazas!

(Traducción de Martin Pawley – Agrupación IO)